Primeiro débese scannear ou deseñar un modelo en tres dimensións con programas como o Google SketchUp, entre outros. Logo, de xeito similar a como funciona unha impresora tradicional, o arquivo é enviado ao equipo que creará o obxecto. O proceso de impresión tridimensional basase en ir creando un prototipo capa por capa dende abaixo ata arriba. Para iso a máquina deposita unha capa de plástico en po, compáctase a zona que lle indica o ordenador e vólvese repetir o proceso colocando unha capa sobre outra ata que se completa a peza.
Os principais tipos son os seguintes:
-Impresión por láser: É máis coñecido polo seu nome en inglés (selective laser sintering ouSLS), este método consiste na compactación do material co que se quere construír o obxecto a través da aplicación dun láser.
-Impresión por inxección: Esta e moi similar á tecnoloxía de impresión por láser, a súa diferenza con esta radica en que, en lugar de empregar un láser, o material compactarase mediante inxección dun aglomerante (tinta).
Esta tecnoloxía permite imprimir en cor, xa que o aglomerante utilizado pode ter unha cor ou outro.

O material deberá ser expelido en fíos minúsculos para poder solidificarse nada máis caer á superficie.
O expulsor irase movendo para que o material sólido vaia tomando a forma de cada capa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario