domingo, 22 de setembro de 2013

A MIÑA MÚSICA PREFERIDA


Eu non teño ningún gusto de música determinado, pero si teño unha cantante favorita, esta é Adele.

Adele Laurie Blue Adkins naceu en Londres, Reino Unido o 5 de maio de 1988, coñecida artisticamente como Adele, é unha compositora e cantante británica de soul que comezou a súa carreira sendo unha adolescente. Influenciada polas grandes figuras pops dos noventa, comezou a cantar xa de nena, e aos dezaseis anos gravou os seus primeiros temas inspirados polas divas do soul.
Xa co seu primeiro álbum de estudo 19, bateu records de vendas en Reino Unido. E o segundo álbum, 21, foi un éxito internacional, o cal mantívose no top 5 de vendas en EE. UU. e Europa.
O seu estilo fusiona armonías vogais, propias das grandes figuras  da música negra, con letras profundas, que soen falar sobre o desamor ou os problemas persoais, e cunha complexa produción vocal e armonías sinxelas.