venres, 7 de febreiro de 2014

IMPRESORA 3D

Cunha impresora 3D pódese construir todo tipo de cousas, armas, vinilos, partes do corpo e ata réplicas de fetos en 3D. Dende a industria moitos cren que esta tecnoloxía marcará un antes e despois para moitos negocios.

Primeiro débese scannear ou deseñar un modelo en tres dimensións con programas como o Google SketchUp, entre outros. Logo, de xeito similar a como funciona unha impresora tradicional, o arquivo é enviado ao equipo que creará o obxecto. O proceso de impresión tridimensional basase en ir creando un prototipo capa por capa dende abaixo ata arriba. Para iso a máquina deposita unha capa de plástico en po, compáctase a zona que lle indica o ordenador e vólvese repetir o proceso colocando unha capa sobre outra ata que se completa a peza.


Os principais tipos son os seguintes:
-Impresión por láser: É máis coñecido polo seu nome en inglés (selective laser sintering ouSLS), este método consiste na compactación do material co que se quere construír o obxecto a través da aplicación dun láser.
-Impresión por inxección: Esta e moi similar á tecnoloxía de impresión por láser, a súa diferenza con esta radica en que, en lugar de empregar un láser, o material compactarase mediante inxección dun aglomerante (tinta).
Esta tecnoloxía permite imprimir en cor, xa que o aglomerante utilizado pode ter unha cor ou outro.
-Impresión por deposición de material fundido:Este método consiste na expulsión por parte da máquina dun material fundido sobre un espazo plano.
O material deberá ser expelido en fíos minúsculos para poder solidificarse nada máis caer á superficie.
O expulsor irase movendo para que o material sólido vaia tomando a forma de cada capa.




martes, 4 de febreiro de 2014

MONITORES LED


MONITORES LED


Unha pantalla LED é un dispositivo de saída, que mostra datos ou información ao usuario, que se caracteriza por estar composto por díodos emisores de luz ou LED.

Achega vantaxes visuais con maior uniformidade do brillo e de intensidade, alcanza o seu punto máximo de brillo moito antes que outras pantallas. Aumento do contraste dinámico, manexo máis depurado da luz por zonas e procesamento da cor, con negros e brancos de maior intensidade, e grises profundos, todo iso resulta en imaxes vibrantes e fluídas.

Grazas á súa tecnoloxía coñecida como estática, por que a pantalla permanece quieta ata que a computadora envíe sinal para un cambio de cor, por esta característica é que se cansa menos a vista ao traballar.

Nas pantallas con tecnoloxía LED a imaxe fórmase grazas a miles de pequenas lámpadas que se acenden de forma totalmente independente.


Grazas a esta característica, as pantallas LED contan coa vantaxe de poder ser máis delgadas e de ter un maior tamaño diagonal; todo debido á acción independente destas lámpadas. O cal fai que estes sexan máis lixeiros e ocupen aínda menos espazo. 

Ademais reduce o consumo eléctrico, ofrece un maior respecto polo medio.
En resumo, en xeral son de maior calidade, gastan menos enerxía, axudan a coidar o medio e presentan mellor imaxe que un LCD.